Ola!
Somos o grupo de 1º D do IES de Sar e iremos publicando todo tipo de novidades e eventos que teñan relación coa lingun galega e que consideremos de interese para tod@s.Comezamos este proxecto con gran entusiasmo e esperamos conseguir que participedes comentando neste blog.
Un saúdo!
Agustín Fernández Paz rexeita o Premio Cultura Galega das Letras
ResponderEliminar-------------------------------------------------------------------------------
Etiquetas: Agustín Fernández Paz, Prolingua, Xunta, galardón, premio, literatura
17/11/2010 - Belén López. DP
O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou onte o Premio da Cultura Galega das Letras, nada máis coñecer que o xurado destes galardóns o distinguía co recoñecemento. Nun comunicado remitido aos medios, ao pouco de facerse público o fallo, Fernández Paz explica que ''cando os Premios da Cultura Galega foron convocados manifestei en diferentes foros o meu desacordo con eles''. E engade: ''En coherencia coa miña postura, agradezo o feito de que o xurado valorase a miña obra, máis non podo aceptar este premio''.
Información relacionada
El jurado falla los Premios da Cultura Galega 2010
Sobre as razóns da decisión, Fernández Paz remite a un comunicado da plataforma ProLingua do 8 de outubro no que, baixo o lema 'Rosalía de Castro nunca aceptaría este 'premio'', se fai un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ''Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato'', se di no documento.
O pasado mes de xaneiro, o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba que suprimiría os Premios Nacionais da Cultura, implantados polo goberno bipartito. Explicaba daquela que custaban ''unha fortuna'' (tratábase de dez galardóns, dotados con 15.000 euros cada un) e que había que reformulalos. O conselleiro restabálle ademais importancia á relevancia duns premios ''sen tradición'', que só se entregaran unha vez (en 2008).
Dous meses despois, Varela anunciaba que se convocarían os galardóns, pero con importantes novidades. A primeira: desaparecería o calificativo de 'nacionais'. E con el desaparecían tamén os recoñecementos ás categorías Arquitectura e Espazos Públicos, Cultura Científica e Cultura Tradicional.
A convocatoria oficial dos premios publicábase nun DOG do mes de outubro e alí aparecía a terceira grande diferencia entre estes galardóns e os do bipartito: os premiados recibirían unha estatua ou obxecto conmemorativo e un diploma. Desaparecía a dotación económica.
Compostela cultura
ResponderEliminarInicio | Mapa web | Contacto Saltar ao contido
Axenda Destaques Directorio Ligazóns Subscríbete Concellaría Música Teatro/Danza Cinema Arte Letras Cursos/Charlas Varios Nenas+Nenos
Estás en: Axenda > Teatro e danza > Ghastas Pista?, novo circo
Horario:
20 de novembro de 2010
21:30
Lugar:
Sala NASA
Cabo Sam Lourenzo 51-53. Santiago de Compostela
Teléfono: 981 573 998
Prezo:
5 euros
Ghastas Pista?, novo circo
O Ghastas Pista? é a ocasión na que os artistas de Circo proban números aínda en proceso de creación, onde os principiantes se enfrontan por primeira vez cun público no escenario, onde calquera afeccionado pode mostrar artisticamente as súas habilidades.
Recollendo o espírito das Festas do Circo, que co paso dos anos evolucionou ata case asustar un pouco aos primeirizos, naceu este novo espazo para manter a frescura e a arroutada dos que están comezando.
Cada Ghastas Pista? consta de dúas partes: por un lado ofrécelles a posibilidade de actuar nun lugar emblemático como é a Sala Nasa a todos aqueles que teñan un numeriño, cun público afín e cun presentador ou presentadora que conducen a gala. Na segunda parte o Ghastas Pista? convértese nunha auténtica jam session de Novo Circo e Cabaré, pois calquera pode subir espontaneamente ao escenario e probar sorte.
Ligazóns relacionadas:
Mercar entradas na web da Sala Nasa
O que vai vir
Ghastas Pista?, novo circo
20/11/2010
Sala NASA
O Ghastas Pista? é a ocasión na que os artistas de Circo proban números aínda en proceso de creación, onde os principiantes se enfrontan por primeira vez cun público no escenario, onde calquera afeccionado pode mostrar artisticamente as súas habilidades.
© Concellaría de Cultura. Concello de Santiago de Compostela, 2008 Enviar Imprimir