No IES de Sar festexámolo cunha conferencia-demostración na que unhas rapazas do instituto da Pontepedriña expuxeron, dun xeito moi ameno, un traballo sobre Galileo Galilei e os seus experimentos.
Ao comezo da intervención, un dos profesores que as acompañaban pronunciou unha introdución moi interesante: ademais de recoñecer a revolución que supuxeron as experiencias de Galilei, tamén explicou a relevancia que tivo a nivel sociolinguístico a publicación do seu coñecido libro Sidereus nuncius. Este libro publicouse en italiano nun momento no que o latín era a lingua culta e, polo tanto, a das ciencias. Como consecuencia disto, o libro foi dobremente revolucionario, pois no ámbito científico negaba a maioría das crenzas do momento e no social conseguíu que todas as persoas tivesen acceso ao saber.
Estableceu unha semellanza coa situación lingüística actual, na que o inglés está a dominar ao resto das linguas en todos os contextos.
Despois, unha das rapazas leu un fragmento do libro e, posteriormente, asoutras tres respresentaron unha peza teatral breve na que cada unha delas reencarnaba un dos pensamentos da época.
Para rematar, o seu profesor de Física realizou un experimento no que, mediante un tubo e unhas bólas, demostrou o principio de movemento rectilíneo uniformemente acelerado.
Foi unha boa experiencia para decatármonos de que EN GALEGO TAMÉN SE FAI CIENCIA!
Axuntamos tamén o link de acceso á páxina oficial de En galego se fai ciencia para @s interesad@s :
No hay comentarios:
Publicar un comentario